No ano 1997 a Lei de Envases e Refugallos de Envases 11/1997– froito da trasposición da Directiva europeia 94/64/CE de Envases e Refugallos de Envases– estableceu como obriga que as compañías que poñen por primeira vez un produto envasado no mercado forneceran os medios para reducir o seu impacto ambiental.
Ecovidrio xurde da asociación das compañías envasadoras, nunha entidade sen ánimo de lucro, adicada a xestionar a recollida selectiva de refugallos de envases de vidro en España. O ciclo do vidro ten o potencial de ser verdadeiramente circular e a súa tasa de recollida selectiva é unha das máis altas, ainda que como en todo, sempre se pode mellorar. Cando o vidro se xestiona de xeito circular, adoita ser un recurso e deixa de ser lixo. Por iso Ecovidrio forma parte de Aprende a través do Surfing desde o comezo e por iso traballamos man a man para transmitir unha mensaxe común. A súa necesaria labor alicerza á nosa.


Para máis información sobre Ecovidrio e a súa función preme no link e visita a súa web:


