ECOVIDRIO, UN SIG VERDADEIRAMENTE CIRCULAR

Ecovidrio, recicla vidrio

No ano 1997 a Lei de Envases e Refugallos de Envases 11/1997– froito da trasposición da Directiva europeia 94/64/CE de Envases e Refugallos de Envases–  estableceu como obriga que as compañías que poñen por primeira vez un produto envasado no mercado forneceran os medios para reducir o seu impacto ambiental.

Ecovidrio xurde da asociación das compañías envasadoras, nunha entidade sen ánimo de lucro, adicada a xestionar a recollida selectiva de refugallos de envases de vidro en España. O ciclo do vidro ten o potencial de ser verdadeiramente circular e a súa tasa de recollida selectiva é unha das máis altas, ainda que como en todo, sempre se pode mellorar. Cando o vidro se xestiona de xeito circular, adoita ser un recurso e deixa de ser lixo. Por iso Ecovidrio forma parte de Aprende a través do Surfing desde o comezo e por iso traballamos man a man para transmitir unha mensaxe común. A súa necesaria labor alicerza á nosa.

Para máis información sobre Ecovidrio e a súa función preme no link e visita a súa web:

https://www.ecovidrio.es/

A INICIATIVA “PLAYA PALLET” CHEGA A RAZO-BALDAIO

O verán de 2026 será o primeiro no cal os areais de Razo-Baldaio contarán con 4 colectores exclusivamente adicados a recoller o refugallo que ven do mar, grazas ó Concello de Carballo.

Construidos a partir de pallets reciclados de madeira, serán confeccionados no centro especial de emprego “Aspaber”, contarán no seu interior cunha rede de pesca (tamén reciclada) cosida pola Asociación de Redeiras “O Fieital”, impulsados pola comunidade do proxecto deportivo-educativo Aprende a través del surfing, estarán incluidos dentro do programa de actividades Eu quero Razo-Baldaio e apadriñados polas escolas de surf locais: Boaola, Raz Surfcamp, Paua surf e Art Surfcamp.

A iniciativa, desenvolta orixinalmente por Clean Ocean Project na illa de Fuerteventura, recolle de media 1 tonelada de lixo ó ano por cada “playa pallet” instalado. Para máis información podedes consultar a súa páxina web: www.playapallet.org

“Playa Pallet” chega a Razo-Baldaio da man do proxecto Aprende a través do surfing, á colaboración entre as asociacións sen ánimo de lucro Clean Ocean Project (Fuerteventura) e Surf and Clean (Costa da Morte) e ó apoio do Concello de Carballo.

A iniciativa vai estar operativa durante todo o ano —> ¡¡Colabora coa mesma e forma parte do cambio!!

RESULTADOS 2022

Partillamos unha infografía que amosa os resultados xerais do curso 2021-22.

Resultados 2022

O noso agradecemento a tódalas entidades públicas e privadas que o fan posible:

Públicas: Deputación da Coruña, Diputación de Cádiz, Gobierno de la Región de Murcia, Consell Insular de Menorca

Concellos: Bornos, Arcos de la Frontera, A Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Vimianzo, Zas, Camariñas, Coristanco, Ferrol, Valdoviño, Gijón, Mazarrón.

Privadas: Ecovidrio, Natracare, MSC Pesca Sostenible, Menorca Preservation Fund, Ocean52 e Laken.