Dende Aprende a través do Surfing imos presentarvos ás entidades que apoian o proxecto e que o fan posible. Hoxe vos presentamos á Deputación da Coruña.
Atopase na vontade deste organismo público a promoción da cultura do surfing entre os habitantes das súas costas, pois son zonas privilexiadas para a súa práctica.
En palabras do seu Vicepresidente Xosé Regueira: “Todo o mundo ve normal que o alumnado que vive xunto ás montañas saiba esquiar, buscamos ca practica do surfing se poida normalizar de igual maneira nas nosas costas”
Ademais esta práctica ancestral conta con modalidades para tódalas persoas e aporta moitos valores ós seus practicantes e a sociedade en xeral como: a preservación da contorna, inclusión, igualdade, socorrismo…etc.
Tratase tamén dunha boa oportunidade para fixar poboación no medio rural galego, tan ameazado pola despoboación e representa unha firme opción de desenvolvemento económico.
Dende a Deputación apostase pola creación de Reservas Locais de Surfing que axudarán a protexer a costa e farán que as persoas entendan mellor o gran valor que supoñen as ondas e o mar. Tamén aspirase a declarar a zona da Costa da Morte “Reserva Mundial de Surfing” e aínda que sexa este un difícil e longo camiño traballan para crear unha comunidade capaz de acadar dito obxectivo.