No 2021 tivemos presenza en 6 concellos da Costa da Morte, no 2022 foron 7 concellos, no 2023 foron 9 concellos, no 2024 foron 10 concellos e no 2025 aspiramos a ter presenza en 12. Esta zona privilexiada traballa para obter o recoñecimento como Reserva Local de Surfing:
«A Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Vimianzo, Zas, Santa Comba, Camariñas e Fisterra.»
Tamén estivemos en «Miño e Mugardos» . Por suposto en «Valdoviño e Ferrol» concellos situados na Costa das Ondas. Esta zona de Galicia é outro paraiso natural para a practica do Surfing que traballa para obter o recoñecemento de Reserva Local de Surfing.
No 2021 traballamos con 15 colexios para chegar a máis de 1.000 alumnos/as.
No 2022 traballamos con 17 colexios para chegar a 1.440 estudiantes nos centros formativos e a 1.239 nas praias.
No 2023 traballamos con 25 centros educativos para chegar a 1.401 estudiantes
No 2024 traballamos con 35 centros educativos para chegar a 1.833 estudiantes
(Co apoio da Deputación da Coruña e dos Concellos da zona)
No 2025 esperamos medrar dun modo orgánico, co obxectivo primeiro de alicerzar o proxecto alí onde xa temos presenza.